14/8/2009 10:18
O termo municipal da Laracha atópase na parte oriental da bisbarra de Bergantiños, estendéndose de norte a sur desde a península de Caión ata as terras altas de Soandres e Montemaior, no rebordo da meseta de Ordes.
Ten unha posición limítrofe coa comarca da Coruña. Linda ao oeste co termo municipal de Carballo, sinalando a súa demarcación oriental cos municipios de Arteixo e Culleredo. Polo sur, linda con Cerceda e, polo norte, ten unha marabillosa saída ao mar pola península de Caión.
Forma, cos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso, a comarca de Bergantiños.
valencia
Visitas: 1672
: 0.00 (0 votos)
Los usuarios son responsables de sus propios comentarios.
Autor | Hilo |
---|
execution time : 0,159 sec