>> GALICIA >> LUGO (199)
21/8/2009 19:51
A igrexa queda a un costado do lugar, coroando un outeiro, co cemiterio ó redor. Ampla, de cruz latina, formada por dúas capelas laterais. A nave, cuberta ás dúas augas, con lousa sobre madeira; unha porta en cada costado. A cornixa esténdese, no mesmo nivel, ás capelas laterais; a tres augas. O frontispicio é de cantería; porta en linteis; frontón formado pola prolongación da cornixa da nave; rosetón estrelado e espadana de dous vans, cunha campá. Pavimento de pezas de granito e de lousa. Coro alto ós pés. As capelas laterais teñen arcos de medio punto sobre pilastras con impostas de molduras xeométricas.........
Visitas: 1514
: 0.00 (0 votos)
21/8/2009 19:52
Parroquia situada ó norte dos límites do municipio. O Ulla separa Alvidrón do Concello de Palas de Rei no lugar de A Ponte Mercede.
Conta con tres núcleos de poboación: Alvidrón, Feás e Mancegar.
A sua Igrexa é unha das máis antigas mostras do románico en Antas de Ulla.
Visitas: 1109
: 0.00 (0 votos)
21/8/2009 19:55
Xunto cos lugares de Cabo de Arcos, A Vilapequena, Veloín, Nugallás, Barbalde, O Pumar e A Fraga esta parroquia ten a honra de ser o Centro Xeográfico de Galicia, contando con 35 habitantes.
Visitas: 937
: 0.00 (0 votos)
21/8/2009 19:57
A parroquia de Labrada está situada a 14,3 km do núcleo municipal e conta con 313 habitantes según o Padrón do 2005, agrupados en 39 entidades poblacionais.
En Labrada, destaca a súa igrexa parroquial e o conxunto monástico da Granxa. Labrada era unha das propiedades máis importantes do Mosterio de Monfero. A parroquia creouse no século XIII a raíz da necesidade de atender cristianamente ós fieis deste amplo territorio.
Visitas: 991
: 0.00 (0 votos)
21/8/2009 20:00
A Santa Mariña queda a uns 4,7 km de Guitiriz, e segun o Padrón municipal conta con 187 habitantes, agrupados en 12 entidades poblacionais.
Nesta parroquia tamén abundan as mámoas como por exemplo a “Mámoa de Os Penedos” en as Poceiras, a mámoa do “Marco de Portovello” no Portovello.
A súa Igrexa Parroquial comezou sendo unha pequena capela dedicada a honra da Virxe do Carme, dependente da parroquia de Guitiriz , que o ser creada como parroquia en 1898 púxose baixo a advocación de Santa Mariña,
Visitas: 1364
: 0.00 (0 votos)
execution time : 0,154 sec